Vantaxes para dixitalización de empresas e comercios de Taboada

11.02.2021

ACIMTA, Asociación de comerciantes e industriais do municipio de Taboada, vén de asinar un convenio de colaboración coa Asociación ENVACO para bonificar o acceso dos seus socios á plataforma de venda online 'RuralSell'.

Dentro do marco de colaboración con esta entidade, conseguiron unha serie de beneficios para os socios e socias. Entre eles destacan o acceso ao portal de comercio rural RuralSell con cota bonificada o primeiro ano e un desconto do 50% para os seguintes.

"O acordo será mellorado nos próximos meses buscando outros puntos de colaboración en prol dun comercio rural unido e competitivo", din dende a directiva de ACIMTA.

Ambas directivas coinciden na aposta pola dixitalización como ferramenta para paliar a actual crise da COVID19 e para evolucionar con innovación de cara ao futuro.